D3MAM000100
D3MAM000100 - LOOIFP | Deseño e amoblamento
Que se aprende a facer?
Deseñar mobles e elementos de carpintaría, xestionar a súa produción e a súa instalación, e participar no mantemento dos sistemas de calidade, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.
En que ámbitos se traballa?
No sector da produción e a instalación de carpintaría e moble, en pequenas, medianas egrandes empresas, por conta allea ou por conta propia, desenvolvendo funcións de deseño técnico, supervisión da produción, fabricación automatizada, execución de proxectos de amoblamento e montaxe de instalacións.
Que ocupacións se desempeñan?
Debuxante proxectista de mobles, técnico/a en desenvolvemento de produtos de carpintaría e mobles, proxectista de carpintaría e moble, xerente de empresas de madeira,moble e outras manufacturas, técnico/a de control de calidade en industrias de madeira e cortiza, encargado/a de oficina técnica, xefe/a de fabricación, controlador/ora de produción,xefe/a de sección, xefe/a de equipo.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0987 | Automatización en carpintaría e moble | 187 | 7 | |
| 1º | MP0983 | Fabricación en carpintaría e moble | 182 | 7 | |
| 1º | MP0179 | Inglés profesional (GS) | 60 | 2 | |
| 1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 107 | 4 | |
| 1º | MP0982 | Procesos en industrias de carpintaría e moble | 103 | 4 | |
| 1º | MP0984 | Representación en carpintaría e moblaxe | 213 | 8 | |
| 1º | MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
| 1º | MP0990 | Xestión da produción en carpintaría e moble | 78 | 3 | |
| 2º | MO0004 | Afondamento nas competencias profesionais (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MP0989 | Deseño de carpintaría e moble | 219 | 8 | |
| 2º | MP0986 | Desenvolvemento de produto en carpintaría e moble | 246 | 9 | |
| 2º | MP1665 | Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MO0002 | Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) | 60 | 2 | |
| 2º | MP0988 | Instalacións de carpintaría e moblaxe | 164 | 6 | |
| 2º | MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 | 2 | |
| 2º | MP0985 | Prototipos en carpintaría e moble | 191 | 7 | |
| 2º | MP0991 | Proxecto intermodular de deseño e amoblamento | 50 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Coruña, A | 15024513 | CIFP Someso | 881880001 |
| Santiago de Compostela | 15015767 | CIFP Politécnico de Santiago | 881867601 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Vigo | 36014568 | CIFP Valentín Paz Andrade | 886110857 |
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Coruña, A | 15024513 | CIFP Someso | 881880001 |
| Ferrol | 15006754 | CIFP Ferrolterra | 981333107 |
| Melide | 15008817 | IES de Melide | 881866109 |
| Santiago de Compostela | 15015767 | CIFP Politécnico de Santiago | 881867601 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).