D3INA000100

 

D3INA000100 - LOOIFP | Vitivinicultura

Ciclo formativo
Familia: Industrias alimentarias
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: superior
Horas: 2000
Código: D3INA000100
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Organizar, programar e supervisar a produción na industria vitivinícola controlando a produción vitícola e as operacións de elaboración, estabilización e envasamento de viños e derivados, aplicando os plans de produción, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental, consonte a lexislación.

 

En que ámbitos se traballa?
En pequenas, medianas e grandes empresas vitivinícolas dedicadas á produción de uva, á elaboración, á crianza e ao envasamento de viño, así como en pequenas, medianas e grandes industrias de destilados de viño, concentración de mostos, elaboración de vinagres e outros produtos derivados da uva e do viño. Trátase de persoal por conta allea ou propia que exerce a súa actividade en labores de xestión, dirección e supervisión en áreas funcionais de recepción, produción e envasamento.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a vitivinícola. Encargado/a de proceso de destilación e rectificación. Encargado/a de recepción de mostos frescos e sulfitados. Supervisor/ora de columnas de destilación e concentración. Encargado/a da liña de envasamento de destilados, concentrados e vinagres. Encargado/a de avellentamento e crianza de destilados e vinagres. Técnico/a en análise sensorial.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0081 Análise enolóxica 183 7
MP0083 Cata e cultura vitivinícola 80 3
MP0179 Inglés profesional (GS) 60 2
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 107 4
MP0079 Procesos bioquímicos 183 7
MP1708 Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo 30 1
MP0078 Vinificacións 157 6
MP0077 Viticultura 160 6
MO0004 Afondamento nas competencias profesionais (GS) 30 1
MP0084 Comercialización e loxística na industria alimentaria 164 6
MP1665 Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) 30 1
MP0080 Estabilización, crianza e envasamento 191 7
MO0002 Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) 60 2
MP0082 Industrias derivadas 137 5
MP1710 Itinerario persoal para a empregabilidade II 50 2
MP0085 Lexislación vitivinícola e seguridade alimentaria 219 8
MP0087 Proxecto intermodular na industria vitivinícola 50 0
MP0086 Xestión de calidade e ambiental na industria alimentaria 109 4

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Sober 27011718 CPR Belarmino Fernández Iglesias 982460469

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ribadavia 32015475 IES O Ribeiro 988788460

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Cambados 36000481 IES Ramón Cabanillas 886151913
Ponteareas 36007552 CIFP A Granxa 886120880

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Barco de Valdeorras, O 32001725 IES Lauro Olmo 988320175




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).