D3EOC000200
D3EOC000200 - LOOIFP | Proxectos de obra civil
Que se aprende a facer?
Elaborar a documentación técnica de proxectos de obra civil e de ordenación do territorio, realizar levantamentos e implantacións de obras de construción e xestionar o control documental para a súa execución, respectando a normativa e as condicións establecidas de calidade, seguridade e ambiente.
En que ámbitos se traballa?
Como traballadores autónomos ou asalariados en estudos de delineación, de arquitectura e de enxeñaría, promotoras, empresas de servizos técnicos e consultorías, empresas construtoras, concesionarias e de explotación, e empresas doutros sectores cuxas actividades presenten unha marcada incidencia territorial con actividades de explotación de recursos naturais e Administracións públicas. A súa actividade está regulada.
Que ocupacións se desempeñan?
Delineante proxectista de estradas, delineante proxectista de urbanización, delineante de obra civil, delineante de servizos urbanos, práctico en topografía, especialista en levantamento de terreos, especialista en levantamento de construcións, especialista en implantacións, aparellista, delineante de topografía, axudante de xefe/a de oficina técnica, axudante de planificador/ora, axudante de técnico/a de control de custos, técnico/a de control documental, maquetista de construción, delineante proxectista de redes e sistemas de distribución de fluídos.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0562 | Estruturas de construción | 77 | 3 | |
| 1º | MP0565 | Implantacións de construción | 103 | 4 | |
| 1º | MP0179 | Inglés profesional (GS) | 60 | 2 | |
| 1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 107 | 4 | |
| 1º | MP0770 | Redes e servizos en obra civil | 103 | 4 | |
| 1º | MP0563 | Representacións de construción | 347 | 13 | |
| 1º | MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
| 1º | MP0769 | Urbanismo e obra civil | 133 | 5 | |
| 2º | MO0004 | Afondamento nas competencias profesionais (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MP0773 | Desenvolvemento de proxectos de obras lineais | 137 | 5 | |
| 2º | MP0772 | Desenvolvemento de proxectos urbanísticos | 246 | 9 | |
| 2º | MP1665 | Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MO0002 | Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) | 60 | 2 | |
| 2º | MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 | 2 | |
| 2º | MP0771 | Levantamentos topográficos | 191 | 7 | |
| 2º | MP0564 | Medicións e valoracións de construción | 137 | 5 | |
| 2º | MP0566 | Planificación de construción | 109 | 4 | |
| 2º | MP0774 | Proxecto intermodular en obra civil | 50 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Coruña, A | 15024513 | CIFP Someso | 881880001 |
| Santiago de Compostela | 15027058 | IES As Fontiñas | 881866661 |
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Vigo | 36011634 | IES Politécnico de Vigo | 986213025 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).