D1AGA001100
D1AGA001100 - LOOIFP | Agroxardinaría e composicións florais
Que se aprende a facer?
Elaborar composicións con flores e plantas e realizar operacións auxiliares en cultivos, en produción de planta en invernadoiros ou en centros de xardinaría, colaborando na preparación do terreo e na implantación e o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
Traballos auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas en empresas dedicadas á ornamentación floral e/ou decoración de espazos e eventos. Tamén desenvolven a súa actividade profesional na área de produción e/ou na área de ambiente en grandes, medianas e pequenas empresas, tanto públicas como privadas, dedicadas ao cultivo agrícola, á produción de plantas e á instalación e o mantemento de xardíns e zonas verdes. Están, ademais, capacitadas para realizar tratamentos praguicidas de nivel básico, segundo a actividade regulada pola normativa correspondente.
Que ocupacións se desempeñan?
Peón agrícola; peón agropecuario; peón en horticultura; peón en fruticultura; peón en cultivos herbáceos; peón en cultivos de flor cortada; peón de xardinaría; peón de viveiro; peón de centros de xardinaría; peón de campos deportivos; peón de floraría; auxiliar de floraría; auxiliar de almacén de flores.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | 175 | 6 | |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | 206 | 7 | |
1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | 64 | 2 | |
1º | MP3051 | Operacións auxiliares de preparación do terreo, plantación e sementeira de cultivos | 117 | 4 | |
1º | MP3053 | Operacións básicas de produción e mantemento de plantas en viveiros e centros de xardinaría | 175 | 6 | |
1º | MP3055 | Operacións básicas en instalación de xardíns, parques e zonas verdes | 117 | 4 | |
1º | MP3056 | Operacións básicas para o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes | 120 | 4 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ames | 15027721 | IES Plurilingüe de Ames | 881866729 |
Arteixo | 15020431 | CPR Agarimo | 981600687 |
Arzúa | 15027733 | IES de Arzúa | 881866047 |
Mugardos | 15025657 | IES de Mugardos | 881938200 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Mondoñedo | 27006966 | IES Plurilingüe San Rosendo | 982870539 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Cambados | 36000569 | CPR Salesianos A Mercé | 986542750 |
Ponteareas | 36007552 | CIFP A Granxa | 886120880 |
Pontevedra | 36006419 | CIFP Montecelo | 986850261 |
Tomiño | 36019751 | IES Antón Alonso Ríos | 886120522 |
Valga | 36020362 | IES Plurilingüe de Valga | 886151980 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).