SIFC03

 

SIFC03 - Desenvolvemento de aplicacións web

Ciclo formativo
Familia: Informática e comunicacións
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SIFC03
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en desenvolver, implantar e manter aplicacións web, con independencia do modelo empregado e utilizando tecnoloxías específicas, garantindo o acceso aos datos de xeito seguro e cumprindo os criterios de accesibilidade, usabilidade e calidade esixidos nos estándares establecidos.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas relacionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).

 

Que ocupacións se desempeñan?
Programador/ora web; programador/ora multimedia; desenvolvedor/ora de aplicacións en contornos web.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0484 Bases de datos 187 7
MP0487 Contornos de desenvolvemento 107 4
MP0617 Formación e orientación laboral 107 4
MP0373 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 133 5
MP0485 Programación 240 9
MP0483 Sistemas informáticos 186 7
MP0615 Deseño de interfaces web 157 9
MP0612 Desenvolvemento web en contorno cliente 157 9
MP0613 Desenvolvemento web en contorno servidor 175 10
MP0614 Despregamento de aplicacións web 88 5
MP0618 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0619 Formación en centros de traballo 384
MP0616 Proxecto de desenvolvemento de aplicacións web 26

Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15005397 IES Fernando Wirtz Suárez 881960260
Ferrol 15006778 CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro 881930145

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Chantada 27003175 IES Val do Asma 982870236




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).