SAFD01

 

SAFD01 - Ensinanza e animación sociodeportiva

Ciclo formativo
Familia: Actividades físicas e deportivas
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SAFD01
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Elaborar, xestionar e avaliar proxectos de animación físico-deportivos recreativos para todo tipo de persoas usuarias, programando e dirixindo as actividades de ensino, de inclusión sociodeportiva e de tempo libre, coordinando as actuacións dos/das profesionais implicados/as, garantindo a seguridade, respectando o ambiente e conseguindo a satisfacción das persoas usuarias, nos límites de custo previstos.

 

En que ámbitos se traballa?
No ámbito público, na Administración xeral, autonómica ou local, en entidades de carácter privado, en grandes, medianas ou pequenas empresas que ofrezan servizos de ensino deportivo, acondicionamento físico, inclusión sociodeportiva e recreación

 

Que ocupacións se desempeñan?
Profesor/a de actividades físico-deportivas (natación, atletismo, baloncesto, voleibol, tenis, pádel, etc.); animador/a físico-deportivo/a e recreativo/a, de actividades de inclusión sociodeportiva, de veladas e espectáculos en instalacións turísticas, e de actividades recreativas ao aire libre en instalacións turísticas; coordinador/a de actividades de animación deportiva, de actividades físico-deportivas en instalacións deportivas de empresas turísticas ou entidades públicas e privadas, de tempo libre educativo infantil e xuvenil, de campamentos, de albergues de xuventude, de casas de colonias, de granxasescola, de aulas de casas de xuventude e escolas de natureza, e de actividades paracurriculares no marco escolar; responsable de proxectos de tempo libre educativo infantil e xuvenil; director/a de tempo libre educativo infantil e xuvenil, de campamentos, de albergues de xuventude, de casas de colonias, de granxas-escola, de aulas de casas de xuventude e escolas de natureza, e de actividades paracurriculares no marco escolar; xefe/a de departamento de animación turística; cronometrador/a, xuíz/a e árbitro/a de competicións deportivas non oficiais; promotor/a deportivo/a de competicións de nivel elemental ou social e de eventos deportivos de nivel básico; monitor/a de actividades físicodeportivas e recreativas en campamentos de tempo libre; socorrista en instalacións acuáticas.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1141 Actividades físicodeportivas de implementos 160 6
MP1139 Actividades físicodeportivas individuais 186 7
MP1145 Formación e orientación laboral 107 4
MP1143 Metodoloxía do ensino de actividades físicodeportivas 107 4
MP1136 Valoración da condición física e intervención en accidentes 240 9
MP1138 Xogos e actividades físicorecreativas e de animación turística 160 6
MP1123 Actividades de lecer e tempo libre 156 9
MP1140 Actividades físicodeportivas de equipo 140 8
MP1142 Actividades físicodeportivas para a inclusión social 105 6
MP1124 Dinamización grupal 123 7
MP1146 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1147 Formación en centros de traballo 384
MP1137 Planificación da animación sociodeportiva 53 3
MP1144 Proxecto de ensino e animación sociodeportiva 26

Réxime de persoas adultas na modalidade presencial

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).