MQUI02
MQUI02 - Operacións de laboratorio
Que se aprende a facer?
Realizar tomas de mostras, ensaios de materiais, análises fisicoquímicas, químicas e biolóxicas, aplicando procedementos normalizados e mantendo operativos os equipamentos e as instalacións de servizos auxiliares, consonte as normas de calidade e prevención de riscos laborais, e de protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En empresas e laboratorios de diversos sectores onde cumpra tomar mostras, realizar ensaios físicos, fisicoquímicos, químicos e microbiolóxicos, e manter operativos os equipamentos e as instalacións auxiliares que se orienten ao control de calidade. Os principais sectores en que pode desenvolver a súa actividade son: industria química, nas áreas de almacén e laboratorio de control de calidade; outras industrias que requiran procesos fisicoquímicos, como son a agroalimentaria, farmacéutica, de construción, metalúrxica, mecánica, electrónica, téxtil, transformadora de plásticos e caucho, etc; laboratorios en xeral, de organismos públicos ou de empresas privadas.
Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar, operador/ora ou técnico/a de laboratorios de química, industrias químicas, industrias alimentarias, sector ambiental, industria transformadora, in-dustria farmacéutica, materias primas e produto acabado, control e recepción de materias, centros de formación e investigación, control de calidade de ma-teriais, metalurxia e galvanotecnia, ensaios de produtos de fabricación mecánica e microbioloxía alimentaria, ambiental, farmacéutica e de augas; operador/ora de mantemento de servizos auxiliares, equipamento e almacén; mostreador/ora e participante en ensaios de campo.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1257 | Almacenamento e distribución no laboratorio | 80 | 3 | |
1º | MP1258 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP1250 | Mostraxe e operacións unitarias de laboratorio | 213 | 8 | |
1º | MP1251 | Probas fisicoquímicas | 187 | 7 | |
1º | MP1249 | Química aplicada | 240 | 9 | |
1º | MP1253 | Seguridade e organización no laboratorio | 133 | 5 | |
2º | MP1259 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1256 | Ensaios de materiais | 123 | 7 | |
2º | MP1260 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP1255 | Operacións de análise química | 156 | 9 | |
2º | MP0116 | Principios de mantemento electromecánico | 105 | 6 | |
2º | MP1252 | Servizos auxiliares no laboratorio | 70 | 4 | |
2º | MP1254 | Técnicas básicas de microbioloxía e bioquímica | 123 | 7 |
Modalidade de formación profesional dual (con oferta parcial doutros ciclos)
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual, con oferta parcial doutros ciclos formativos. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Santiago de Compostela | 15015767 | CIFP Politécnico de Santiago | 881867601 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).