MENA01

 

MENA01 - Redes e estacións de tratamento de augas

Familia: Enerxía e auga
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MENA01
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Realizar a montaxe, a operación e o mantemento de redes de auga, así como operar e manter os equipamentos e as instalacións de estacións de tratamento de augas, aplicando a normativa vixente e protocolos establecidos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais, e asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.

 

En que ámbitos se traballa?
Na Administración e en empresas dedicadas a realizar a montaxe, a operación e o mantemento de redes de abastecemento, saneamento e interiores de edificios, así como en empresas do sector de tratamento e de potabilización da auga, e do sector da depuración de augas residuais.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Montador/a de redes de abastecemento e distribución de auga; montador/a de redes e instalacións de saneamento; montador/a de redes de auga; montador/a de redes de saneamento; operador/a de planta de tratamento de auga de abastecemento; operador/a de planta de tratamento de augas residuais; técnico/a de planta de tratamento de augas residuais; operador/a en instalacións de incineración e de tratamento de augas, e outros/as operadores/as de planta; montador/a de instalacións de auga en edificios.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1564 Calidade da auga 107
MP1570 Formación e orientación laboral 107
MP1567 Hidráulica e redes de auga 80
MP1559 Implantación en redes de auga 107
MP1561 Instalacións eléctricas en redes de auga 133
MP1566 Mantemento de equipamentos e instalacións 107
MP1563 Montaxe e posta en servizo de redes de auga 186
MP1562 Técnicas de mecanizado e unión 133
MP1565 Construción en redes e estacións de tratamento de auga 209
MP1569 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1560 Estacións de tratamento de augas 123
MP1571 Formación en centros de traballo 410
MP1568 Mantemento de redes 70
MP0310 Montaxe e mantemento de instalacións de auga 175




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).