MCOM02

 

MCOM02 - Comercialización de produtos alimentarios

Ciclo formativo
Familia: Comercio e márketing
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MCOM02
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Desenvolver actividades comerciais en establecementos alimentarios físicos e en liña relacionadas coa planificación comercial, a xestión da loxística de almacenaxe, a distribución e a reposición de produtos alimentarios, e a supervisión das seccións de venda de alimentos perecedoiros e non perecedoiros, e de atención comercial a clientela e provedores, seguindo criterios de calidade e actuando segundo a normativa de prevención de riscos, seguridade alimentaria e protección do/da consumidor/a.

 

En que ámbitos se traballa?
Ámbito do comercio de produtos alimentarios, físico ou en liña, en calquera empresa ou organización, en tendas retallistas de alimentación ou nos departamentos correspondentes de grandes superficies, tanto por conta propia como por conta allea.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Responsable encargado/a de establecemento alimentario; de sección, sala ou departamento de tenda de alimentación; xestor/a de pequeño comercio alimentario; responsable encargado/a de comercios alimentarios en liña; asesor/a comercial de produtos alimentarios; vendedor/a de produtos alimentarios.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1609 Atención comercial en negocios alimentarios 107
MP1613 Comercio electrónico en negocios alimentarios 133
MP1606 Constitución de pequenos negocios alimentarios 107
MP1616 Formación e orientación laboral 107
MP0156 Inglés 160
MP1607 Mercadotecnia do comercio alimentario 107
MP1614 Ofimática aplicada ao comercio alimentario 132
MP1615 Xestión dun comercio alimentario 107
MP1617 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).