D1AGA001300
D1AGA001300 - LOOIFP | Aproveitamentos forestais
Que se aprende a facer?
Realizar operacións auxiliares para a conservación, a mellora e o aproveitamento do monte, así como de produción de planta en invernadoiros ou en centros de xardinaría, e levar a cabo operacións auxiliares para o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
Na área de produción e/ou na área ambiental en grandes, medianas e pequenas empresas, tanto públicas como privadas, dedicadas a traballos de repoboación forestal, tratamentos silvícolas e traballos de mellora, mantemento da infraestrutura forestal e aproveitamentos forestais. Ademais, realizan traballos auxiliares no mantemento de xardíns, áreas recreativas e zonas verdes.
Que ocupacións se desempeñan?
Peón forestal; peón agropecuario; peón en cultivos herbáceos; peón de xardinaría; peón de viveiro; peón en explotacións forestais; peón en empresas de implantacións forestais; peón en empresas de tratamentos silvícolas; peón en empresas de aproveitamentos forestais; aplicador/ora de nivel básico de praguicidas de uso fitosanitario; peón en empresas de mantemento de xardíns.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | 175 | ||
1º | MP3121 | Colleita de produtos forestais | 117 | ||
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | 206 | ||
1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | 64 | 2 | |
1º | MP3053 | Operacións básicas de produción e mantemento de plantas en viveiros e centros de xardinaría | 175 | ||
1º | MP3119 | Traballos de aproveitamentos forestais | 237 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).