Centro de desenvolvemento en liña "rescatadores de talento". Ferramentas para un novo contexto laboral

A Fundación Princesa de Girona propón a segunda edición da súa formación en rede: Centro de desenvolvemento en liña "rescatadores de talento". Ferramentas para un novo contexto laboral, que terá lugar durante os días 2, 9, 16 e 23 de xuño de 2020 ao longo de 14 horas.

O curso pretende potenciar as competencias e capacidades propias para converter esta crise xerada polo COVID-19 nunha oportunidade.

Cada sesión estará estruturada en tres bloques:

  1. Charlas inspiradoras (9.30 - 10.15) a cargo dos premiados da Fundación que transmitirán as súas vivencias e valores positivos para facer fronte á nova normalidade. Nestes faladoiros incidirase na importancia da vocación e do pensamento científico e abordarase a relevancia de aprender dos errores pasados.
  2. Momento experto (10.30 - 11.30) a cargo voces autorizadas que compartirán os seus coñecementos sobre temas de máxima actualidade no novo contexto empresarial e profesional que se abre tras o COVID 19. O impacto da "nova economía" no mercado laboral, a intelixencia emocional, o emprendemento social e o autocoñecemento (a tecnoloxía blockchain) serán algúns dos aspectos a tratar.
  3. Sesións prácticas (12.00 - 13.00) nas que empresas e emprendedores achegarán ferramentas útiles (Insights Discovery, Design Thinking, Mindfulness) para a procura de emprego nestes tempos de incerteza laboral.

Acceso ao curso e á web da fundación nas seguintes ligazóns:

Máis información no teléfono 972410410 ou a través do enderezo de correo electrónico fpdgi@fpdgi.org.

Etiquetas: