Borrador do decreto que regula a FP Básica e establece vinte e un currículos
Co fin d dar cumprimento ao disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro (DOG do 31 de decembro), de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a exposición pública o decreto polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.
As organizacións, as asociacións, a comunidade educativa e a cidadanía en xeral poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que estimen oportunas ao proxecto deste decreto, por medio do documento denominado "Contraste_Decreto_FPB_.doc" que deberá ser remitido ao enderezo de correo electrónico curriculosfp@edu.xunta.es seguindo as instruccións que se indican no propio documento.
- Documento de contraste do decreto de FP Básica: Contraste_Decreto_FPB_.doc
- Prazo para presentar proposicións e suxestións: 15 días hábiles
- Data de inicio do prazo: 19 de maio de 2014
- Data de remate do prazo: 4 de xuño de 2014
Anexos. Currículos dos títulos profesionais básicos
- Anexo I: Servizos Administrativos
- Anexo II: Electricidade e Electrónica
- Anexo III: Fabricación e Montaxe
- Anexo IV: Informática e Comunicacións
- Anexo V: Cociña e Restauración
- Anexo VI: Mantemento de Vehículos
- Anexo VII: Agroxardinaría e Composicións Florais
- Anexo VIII:Peiteado e Estética
- Anexo IX: Servizos Comerciais
- Anexo X: Carpintaría e Moble
- Anexo XI: Reforma e Mantemento de Edificios
- Anexo XII: Arranxos e Reparación de Artigos Téxtiles e de Pel
- Anexo XIII: Tapizaría e Cortinaxe
- Anexo XIV: Vidraría e Olaría
- Anexo XV: Actividades Agropecuarias
- Anexo XVI: Actividades Marítimo-pesqueiras
- Anexo XVII: Aloxamento e Lavandaría
- Anexo XVIII: Aproveitamentos Forestais
- Anexo XIX: Artes Gráficas
- Anexo XX: Industrias Alimentarias
- Anexo XXI: Informática de Oficina