Xornada de experimentación con cociñas e fornos solares
Dentro do Curso de formación Aplicacións tradicionais e innovadoras da enerxía solar —organizado polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) en Santiago de Compostela— o día 24 de abril de 2013 realizouse no CIFP Someso a Xornada de experimentación con cociñas e fornos solares.
Entre fornos e cociñas, puxéronse a funcionar uns 40, realizando en torno a 25 pratos diferentes.
A Xornada tivo como relatores a:
- Don Juan Bello Llorente, do CIFP Someso, de A Coruña.
- Don Celestino Rodrigues Ruivo, do Instituto Superior de Engenharia, Universidade do Algarve Faro.
Etiquetas:
Multimedia: