Olimpíadas 2013 da Formación Profesional. Xardinería paisaxística
Do día 13 ao 16 de febreiro desenvolvéronse as Olimpíadas 2013 da Formación Profesional, nelas estudantes de formación profesional de todas as Comunidades Autónomas e de Ceuta e Melilla competiron por ser os mellores en cada un dos 33 skills ou especialidades nos que houbo competición.
A participación de Galicia nestas olimpíadas estivo formada polo alumnado que conseguiu a medalla de ouro nos campionatos galegos de formación profesional Galiciaskills 2012.
No skill Xardinería paisaxística competiron 10 alumnos de distintas Comunidades Autónomas.
Representaron a Galicia os alumnos do CIFP A Granxa de Ponteareas, Jorge Magariños Alende e Sergio Lizarza Moreno, participando como titor e experto o profesor dese centro, Eliseo Castro Iglesias.
Estes alumnos obtiveron a medalla de prata neste skill.