Olimpíadas 2013 da Formación Profesional. Revestimento e paneis de xeso
Do día 13 ao 16 de febreiro desenvolvéronse as Olimpíadas 2013 da Formación Profesional, nelas estudantes de formación profesional de todas as Comunidades Autónomas e de Ceuta e Melilla competiron por ser os mellores en cada un dos 33 skills ou especialidades nos que houbo competición.
A participación de Galicia nestas olimpíadas estivo formada polo alumnado que conseguiu a medalla de ouro nos campionatos galegos de formación profesional Galiciaskills 2012.
No skill Revestimento e paneis de xeso competiron 4 alumnos de distintas Comunidades Autónomas.
Representou a Galicia o alumno do CIFP Porta da Auga de Ribadeo, David Rodríguez Reigosa, participando como titor e experto o profesor dese centro José Fernando Méndez de Andés Rodríguez.