Olimpíadas 2013 da Formación Profesional. Pastelaría
Do día 13 ao 16 de febreiro desenvolvéronse as Olimpíadas 2013 da Formación Profesional, nelas estudantes de formación profesional de todas as Comunidades Autónomas e de Ceuta e Melilla competiron por ser os mellores en cada un dos 33 skills ou especialidades nos que houbo competición.
A participación de Galicia nestas olimpíadas estivo formada polo alumnado que conseguiu a medalla de ouro nos campionatos galegos de formación profesional Galiciaskills 2012.
No skill Pastelaría competiron 8 alumnos de distintas Comunidades Autónomas.
Representou a Galicia a alumna do CIFP Manuel Antonio de Vigo, Rosalía Alonso Figueroa, participando como titora a profesora dese centro, María Teresa Lozano Bernal e como experto o profesor do CIFP Compostela, José Antonio Vieites Quintáns.
Esta alumna obtivo a medalla de ouro neste skill.