D3ENA000400

 

D3ENA000400 - LOOIFP | Xestión da auga

Ciclo formativo
Familia: Enerxía e auga
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: superior
Horas: 2000
Código: D3ENA000400
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Xestionar o uso eficiente da auga, organizando e desenvolvendo a montaxe, a posta en servizo, explotación e mantemento de redes e estacións de tratamento de augas, aplicando os requirimentos de calidade, tanto das instalacións como da auga e as medidas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental requiridas pola normativa vixente.

 

En que ámbitos se traballa?
Administración e en empresas dedicadas a realizar a montaxe, a operación e o mantemento de redes e instalacións de auga, así como en empresas de tratamento de augas, e a reutilización de augas residuais.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Encargado/a de montaxe de redes de abastecemento e distribución de auga, encargado/a de montaxe de redes e instalacións de saneamento, encargado/a de mantemento de redes de auga, encargado/a de mantemento de redes de saneamento, operador/a de planta de tratamento de auga de abastecemento, operador/a de planta de tratamento de augas residuais, técnico en xestión do uso eficiente da auga, técnico en sistemas de distribución de auga.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1573 Calidade e tratamento de augas
MP1575 Configuración de redes de auga
MP0179 Inglés profesional 53 2
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 106 5
MP1572 Planificación e implantación
MP1576 Sistemas eléctricos en instalacións de auga
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo 30 1
MP1580 Técnicas de montaxe en instalacións de auga




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).