A Asociación da Prensa da Coruña (APC) convoca o IV Concurso de Debuxo Picasso coruñés co patrocinio, entre outros, da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Vai dirixido ao alumnado de centros galegos públicos, concertados e privados, distribuído en tres categorías:
- Grupo A: de 3º a 6º de primaria
- Grupo B: 1º e 2º de ESO
- Grupo C: 3º e 4º de ESO
O concurso busca dar a coñecer entre os máis novos a estadía de Pablo Picasso durante a súa infancia na Coruña. Durante eses anos, o pintor creaba periódicos para os seus familiares nos que incluía debuxos e textos. O traballo consistirá na elaboración dun xornal, de forma individual ou en grupo (dun máximo de tres membros), que optará a calquera dos premios: mellor periódico, mellor ilustración e mellor redacción.
A data límite de presentación dos traballos é o 18 de maio de 2018.
Máis información [1]