Skip to Content

Cartos

CARTOS, é unha comedia grega de Aristófanes (século IV a.C.).

En castelán encóntrase baixo o título de Pluto ou Dinero.  Pluto ven sendo un deus grego, personificación da riqueza. A obra parte dun mito: Zeus, soberano dos deuses, é responsable da ceguera do deus Cartos para así evitar un xusto reparto da riqueza. Aristófanes constrúe unha trama que desafía o mito, racionalizando e xustificando a “recuperación” da vista do deus da riqueza. A obra, pois, é un conto irónico sobre os motivos do reparto desigual dos bens entre as persoas e ofrece unha solución-final feliz. Como vedes, ...algo moi actual.

A estrea foi o xoves dia 22 de maio: representámola para os alumnos de 2º de bacharelato dentro dos actos de remate do seu curso. As seguintes representacións foron o  28 de maio, o 2 de xuño, e a tarde-noite do 20 de xuño. 

 Spasmo 2013-14GrupodeTeatrodoSantaIrene

  son: Víctor Fernández Benito, Mónica Hernández Caballero, Brais García Martínez, Paula Collazo Álvarez, Sofía Dapena, Samuel Rivas Caldas, Jeremías Szücs, Irene Maldonado Martínez, Rocío Castillo Pérez, Antía González Cartea, Antía Martínez. González e Paloma Molinos Castillo

Coa participación dos profes: Salvador Alvarez, Celso Veloso, Federico Bertolez, Patricia Mena e Araceli Villanueva.

Dirixe e coordina: Bernardino Gándara

AdxuntoTamaño
Cartos, de Aristófanes. Spasmo 2014.pdf276.23 KB
Cartos, de Aristófanes. adaptación de Spasmo 2014.doc180.5 KB
Integrantes de Spasmo.pdf875.19 KB


blogstory | by Dr. Radut