FORO DE COMUNICACIÓN 1º ESO

Anulación actividade Semana Branca 1º ESO

Anulación actividade Semana Branca 1º ESO

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0
No día de hoxe está sendo remitida a través do alumnado a comunicación de anulación da Semana Branca de 1º ESO. Agradécese ás familias con alumnado inscrito na actividade, sigan as instruccións do papel que lle será entregado ós seus fillos/as e que o cubran e o devolvan ó centro para realizar o reintegro das cantidades abonadas. O impreso debe ser entregado na vicedirección.

A Vicedirección Pontevedra, 4 de Febreiro de 2013




ANULACIÓN DA SEMANA BRANCA PARA 1º ESO

Debido ós problemas xurdidos para realizar a actividade nas datas previstas e Hotel de hospedaxe acordado, a actividade da Semana Branca de 1º ESO queda anulada.. As datas propostas pola axencia suporían unha grave alteración da organización académica por cadrar no período de exames.

O importe total xa abonado polas familias será devolto a través da vicedirección mediante talón bancario nominativo a nome do/a pai/ nai / titor/a legal do alumno/a.

A partires do martes día 5/2/2013 o alumnado entregará este documento asinado cos datos a poñer no talón nominativo para que poda ser recollido na vicedirección polo propio alumnado ou as familias.

Nome e Apelidos …...............................................................................................................................................

pai/ nai / titor/a legal do alumno/a. …..................................................................................................................

de 1º ESO Grupo: ….........A nome de quen se extenderá o talón bancario de devolución do importe ingresado para a actividade de Semana Branca de 1º ESO.



Asdo.: pai/ nai / titor/a legal do alumno/a. Data: ….. / ….. / 2013

Pontevedra, 4 de febreiro de 2013