Complementarias

Visita didáctica a Lugo

Este mércores 10 o alumnado de 1ºESO e de Cultura Clásica de 3º ESO achegouse ata Lucus Augusti para coñecer un pouco da historia da cidade. Acompañados dos profes María, Kike, Roberto e Andrés visitaron a Casa dos Mosaicos, a Domus do Mitreo e o Museo Provincial onde gozaron de dúas actividades moi interesantes, a visita á exposición Lugo Romano e a actividade de Rutas Literarias. Ademais puideron coñecer a muralla e a organización da cidade romana. Unha xornada moi gratificante.

 

Teatro en francés: "Le petit prince"

Os alumnos de francés de 3º da ESO disfrutaron en Compostela da Obra de teatro "Le petit prince".

Internet das Cousas (IoT)

Dentro das Charlas de divulgación científica e tecnolóxica organizadas pola Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, hoxe estivo con nós a catedrática e directora de dita escola Rebeca Pilar Díaz Redondo, que achegou aos nosos alumnos á realidade e futuro dunha das ramas con máis importancia na sociedade actual: o Internet das Cousas (IoT).

Visita a Compostela dos alumnos de 2º da ESO

Este martes o alumnado de 2º da ESO, acompañado das profes María, Marta, Alicia e Kike, visitaron o Pórtico da Gloria e a Catedral de Santiago, ademais de percorrer as rúas do casco vello de Compostela para intentar identificar as partes da antiga cidade medieval.

Premendo aquí podedes ver unha pequena mostra desta saída.

 

8 de marzo: Día internacional da muller

Para festexar o Día Internacional da Muller, o nosos alumnado elaborou Unha serie de posters de mulleres esquecidas ao longo da Historia que xa decoran os corredores do IES. Premendo na imaxe podedes facer un recorrido por estes posters.

Powered by Drupal - Design by artinet