Proxecto WEBS dinámicas

AULA VIRTUAL DO IES DE OROSO

A aula virtual busca a  interactividade  entre o  alumno e o  profesor, así como unha maior comunicación, aplicación dos coñecementos, evaluación e manexo da clase. Por tanto,  convertíronse nun férreo complemento da  educación presencial, accesible a todo o mundo e de gran axuda para fomentar o ensino  de calidade.

Pero, que ventaxas ten o uso deste tipo de tecnoloxías na aula?

-          O alumno terá a posibilidade  de estudar según as súas posibilidades de tempo e  necesidades.

-          Poderá  desenrolar actividades, como foros de discusión, chat, correo electrónico, descargar e compartir materiais didácticos, etc, que lle permitan manter unha participación e  comunicación permanentes co seu profesor e  compañeiros de estudo.

-          Contribúe coa súa formación en habilidades do uso de ferramentas TIC.

-          Proporciona un entorno de aprendizaxe e  traballo cooperativo.

-          Complementa coa formación presencial e cos soportes didácticos xa coñecidos.

A aplicación usada polo IES de Oroso é Moodle:trátase dunha aplicación web dedicada á  educación, que conforma un sistema de xestión de cursos, de distribución libre, que axuda aos  educadores a crear comunidades de aprendizaxe en liña.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet