Complementarias

Actos para a celebración do Día das Letras Galegas

Ao longo da semana realizáronse diversos actos para celebrar un ano máis o 17 de Maio, Día das Letras Galegas. O comezo do día previo ao propio 17 quedou marcado polo percorrido realizado no corredor das aulas ao paso de música de gaita.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día da Ciencia en Galego 2019

O día 3 de maio celebrouse no centro a segunda edición de Ciencia en Galego. O alumnado expuxo, nunha xornada de portas abertas, os seus experimentos e as aprendizaxes realizadas nas aulas de ciencias da natureza, tecnoloxía e física e química, e asemade deulles visibilidade a  algúns aspectos  cos que aínda andamos a voltas neste século: en galego tamén se fai ciencia e a ciencia non ten sexo. Parabéns a todas as persoas  fixeron posible esta actividade.

Pódese ver unha galería de fotos picando aquí.

Pódense ver dúas presentacións en vídeo picando aquí.

 

 

 

23 de Abril: Día do Libro

Para lembrar a celebración do Día do Libro, o Equipo de Dinamización Lingüística xuntamente coa Biblioteca elaboraron un cartel utilizando unha ilustración de Ziraldo. O lema: "ALIMENTA O TEU CEREBRO".

E para completar, colocouse unha instalación co bocadillos de libros, tal e como se pode ver na segunda fotografía.

Só nos queda desexarlle un BO PROVEITO ao audaz alumnado que se anime.

Conversa con Carlos Negro

 O alumnado de 3º curso reúnese co escritor Carlos Negro no salón de actos  e este realiza un achegamento, dun xeito moi agradable, á súa obra poética Penúltimas tendencias.

Como agasallo ofrecéuselle unha mostra das ilustracións realizadas sobre eses poemas polos propios alumnos.

Parabéns a todos os autores gráficos e poéticos!


 Pódese ver unha galería de fotos do acto se picas aquí.

Pódense ver dous vídeos da intervención de Carlos Negro na canle OCanLe do blog Arca Alexandrina, se picas aquí.

Pódese ver un folleto cunha mostra do traballo do alumnado picando aquí.

 

Actividades de dinamizacion lingüística entre xaneiro e marzo

Realizamos un resumo das actividades realizadas polo EDL en colaboración con outros equipos docentes do noso IES, entre xaneiro e marzo:

 Día Escolar da Non Violencia e da Paz (31 de xaneiro)

-Edición dun cartel conmemorativo desta efeméride.

 

Día internacional da lingua materna  (21 de febreiro)

O IES de Oroso aposta por potenciar a lingua galega desde o berce.

 

Semana da poesía

-Agasallos de poemas de temática amorosa  en distintas linguas promovida polo 14 de febreiro e exposición de lectura con esta temática nos corredores do centro.

-O alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu día18 de febreiro en Compostela á representación da obra Made in Galiza ofertada pola editorial Galaxia, na que se realiza unha parodia da situación diglósica presente en Galicia.

-O alumnado de 3º asistiu á Charla sobre doazón de órganos e sangue a cargo do grupo ALCER o 20 de febreiro. Esta actividade foi valorada como positiva por parte dos rapaces.

 

Día de Rosalía (24 de febreiro)

- Os alumnos realizaron unha lectura pública de poemas  que proximamente estarán dispoñible na canle “O can Le”.

- Grafitti realizada polo alumnado  na cristaleira do instituto.

- Instalación coa súa obra nos corredores do centro.

 

 

 

 

Entroido. O día 1 de marzo celebramos o entroido no centro con gran participación por parte de toda a comunidade educativa.

Día Internacional da Muller (8 de marzo)

O centro uniuse  ás reivindicacións do  Día internacional da muller co lema “En Pé de Igualdade”. Así mesmo aproveitouse esta data para facer unha exposición das ilustracións realizadas tras a lectura da obra “Penúltimas tendencias” de Carlos Negro, quen proximamente realizará un encontro co alumnado de 3º curso.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

25 N: O respecto pa cando?

O IES de Oroso súmase ao acto  “Oroso en Negro” con motivo do 25 de novembro Día Internacional para a eliminación da Violencia contra a muller.

Toda a comunidade educativa fixo unha denuncia pública do atentado que supón para a vida,  a dignidade da muller e a súa liberdade os diferentes comportamentos que ao longo de moitos anos e de forma sistemática se foron transmitindo a través dun currículo oculto ou quizais non tan oculto.

 Sabedores de que un dos piares fundamentais para mudar as actitudes machistas é conseguir un espírito crítico no noso alumnado, todo o centro educativo se involucrou na actividade “O respecto pa cando?", porque é o respecto e non o “anel”  o que reforzará un modelo de relacións igualitarias de homes e mulleres , no que non teñan cabida ningunha das violencias xeradas por unha cultura  e educación machista que segue a vulnerar todo tipo de dereitos humanos.

Así mesmo, simbolicamente de cor lila, un pulso de cada participante demandaba máis igualdade: “ X  +  =

En resumo, respecto e igualdade marcan o día no noso centro.

Esta actividade foi promovida grazas á colaboración conxunta de tres departamentos: Dinamización Lingüística, Educación Física e Música. Posteriormente, sumáronse a esta iniciativa outros equipos docentes.

Pódese ver un álbum de fotos se picas aquí.

Se queres saber por que esta conmemoración se celebra o 25 de novembro, pica aquí.

 

Coñecendo os nosos museos

O alumnado de 4º realiza unha visita guiada ao Museo de Arte Contemporánea e ao Museo do Pobo Galego. Dúas alumnas e un alumno do Centro dan un pequeno concerto na Igrexa de Santo Domingos de Bonaval e realizan unha ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres. Clica aquí para ver unha pequena mostra deste evento.

Powered by Drupal - Design by artinet