O “peirao vello” de O Carril, Vilagarcı́a de Arousa (Pontevedra). 8 xaneiro 2018
Na foto da esquerda vemos o chamado “peirao vello” de O Carril. Foi realizada dende o mesmo lugar que a da dereita, de comenzos do s. XX.
Nestas dúas imaxes vemos a escasa transformación que sufriu O Carril no s.XX, agás o cambio das vellas gamelas e barcos de vela por pequenos barcos a motor e algunas novas edificacións.
O Carril, dedicado ao mar, foi ata o s. XIX un importante porto que entrou en decadencia cando a introdución do vapor levou a un aumento do tamaño dos barcos e fixo insuficientes as súas instalacións a favor do porto de Vilagarcía.
Quizás este declive explique a escasa transformación urbanística que sufriu, mantendo no esencial a súa vella aparencia.