Polo día da árbore (21 de marzo) o colectivo Cousa de raíces [1], formado por numerosas asociacións, empresas e agrupacións, empredeu unha iniciativa para celebrar esta data tan especial dirixida aos centros educativos a todas as persoas que quixeran colaborar. O obxectivo final da mesma era a defensa o monte galego.
A colaboración do noso instituto, o mesmo que a de outros centros e ensino galegos, deu como resultado unha curta que reivindica o valor do noso monte. Un grupo de alumnas e alumnos de ciencias en colaboración co profesorado desa materia foi o encargado de presentar esta proposta visual.