SIXA FAMILIAS é unha aplicación web que lle permite ás familias coñecer puntualmente calquera incidencia ou información relacionada co proceso educativo dos seus fillos/as (faltas de asistencia e puntualidade, faltas de conducta, informes do profesorado, cualificacións). Consiste nun sitio web que se actualiza diariamente (ás 6:00 a.m.) incorporando as novidades que se teñan producido nas últimas 24 horas. Co obxecto de garantir a confidencialidade da información contida na web, cada pai/nai disporá dun nome de usuario e un contrasinal para que poida acceder de xeito exclusivo á información relativa aos seus fillos/as matriculados no centro.
A aplicación SIXA FAMILIAS está operativa para o curso 2015-16 desde o día 25 de setembro
A web de SIXA FAMILIAS atópase na seguinte URL:
https://www.iesmc-infofamilias.es
Usuarios e contrasinais:
- As familias que xa tivesen fillos/as no Instituto en cursos anteriores seguirán usando os mesmos datos que viñan utilizando ata agora. Os mesmos datos dan acceso á información de todos os fillos/as matriculados no centro.
- As familias do alumnado que se incorpora ao Instituto no curso actual recibirán os seus datos de acceso a través do profesorado titor dos seus fillos/as.