Skip to Content

blogue deadmin

CONCERTO DE NADAL

O vindeiro luns 20 de decembro o departamento de música do instituto organiza un encontro musical con outros centros educativos no Centro cultural " A Fábrica" de Oleiros no que participará o coro do IES.

Os alumnos estanse a esforzar moito para que a súa actuación saia ben, desexámoslles que desfruten moito e aprendan coa experiencia.    

                                                  

EXPOSICIÓN "O SAMAÍN"

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a biblioteca escolar organizan, con motivo do Samaín, unha exposición de literatura de terror e de carteis, escritos en todas as linguas estudadas no instituto, nos que se explica a orixe celta desta celebración. Ademais, ao longo da semana, proxectarase un vídeo para dar a coñecer máis aspectos relativos a esta festa e os alumnos terán a oportunidade de participar nun concurso de relatos de terror.

Click na imaxe para ampliar

PUNTO LIMPO MÓBIL

A vindeira semana (25 ao 29 de outubro) teremos no aparcadoiro do IES María Casares un punto limpo móbil co obxectivo de concienciar á comunidade educativa das vantaxes da reciclaxe.

Información punto limpo

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut