Mural de Maruja Mallo polo alumnado da ESA

Este ano dedicóuselle o Ano das Artes Galegas a Maruja Mallo e, como era natural de Viveiro, a Deputación Provincial de Lugo dedicoulle o material da semana escolar que leva varios cursos organizando con distintas temáticas, fornecendo de libros para o alumnado e guías didácticas tamén para o profesorado. O noso IES inscribiuse na actividade desde a biblioteca e propuxemos a realización dun mural, que fixo a profesora de Filosofía e Ciencias Sociais Paz López Guizán co alumnado da ESA. Quedamos moi content@s da actividade: Maruja Mallo está presente na entrada do IES a través dun seu debuxo, escollido e levado á parede polo propio alumnado.

Parabéns polo traballo e polo fermoso resultado!

 

 

Aumento de oferta educativa no IES Lois Peña Novo e proceso de admisión a ciclos

O IES Lois Peña Novo aumenta a súa oferta educativa co Ciclo Medio de Atención a persoas en situación de dependencia. Unha opción máis para a formación na nosa comarca!

Desta novidade e do proceso xeral de admisión a ciclos fala o noso orientador, Alfonso Villares, nesta entrevista en Radio Principal de Vilalba.

Datas dos exames finais de primeiros cursos

Publícase o calendario oficial de exames finais de de 1º de ciclos medios, superiores e bacharelato semipresencial de adultos.

 

 

Ademais das imaxes, poden descargarse en pdf nos documentos adxuntos.

Ánimo e sorte!

Contratación do servizo de cafetería para o curso 2017-2018

Denominación do contrato: Contrato de servizo de xestión e explotación da cafetería do IES Lois Peña Novo.

Duración do contrato: do 1 de setembro de 2017 ao 31 de agosto de 2018.

 

Os licitadores que desexen tomar parte neste procedemento poden informarse dos requisitos necesarios na dirección do centro.

Prazo límite para a entrega da solicitude e documentación: mércores 14 de xuño de 2016 ás 14:00 horas na secretaría do centro.

Poden consultarse as instrucións e condicións da contratación nos arquivos adxuntos, onde tamén se achega a instancia de participación.

 

 

Internet das cousas

Ampla reportaxe sobre o proxecto Internet das Cousas do Departamento de Informática do IES Lois Peña Novo, hoxe na Voz de Galicia.

Para lela clica aquí.

 

Letras Galegas 2017 no IES Lois Peña Novo

Do 15 ó 26 de maio dura a programación das Letras Galegas do Lois para este ano. Música, imaxe, deseño, e as actuacións de Lois Pérez e de Aldaolado. Moita ilusión, moitas palabras, moito pra facer e gozar coa biblioteca do noso IES.

Internet das cousas (IoT) e usos dos drons

O proxecto Aproximación didáctiva á internet das cousas (IoT) e usos dos drons do Departamento de Informática do Lois Peña Novo está desenvolvido con tecnoloxía libre, pezas mercadas soltas e montadas no noso IES e incluso hai pezas impresas con impresora 3D nas nosas instalacións. Estamos moi orgullosos do profesorado e o alumnado que nos representou estes días na feira FP Innova con este proxecto: Germán Feijoo e Juan López, Julio Trastoy e Alberto López. Como ben di Juan López, o noso centro de ensino achega tecnoloxía punteira ó ámbito rural. Non deixes de ver os seguintes vídeos, onde alumnos e profesores explican aspectos do proxecto e se amosan drons e e uns coches robot montados con Arduino e controlados por móbil.


 

 

O proxecto da Internet das cousas e o uso e aplicación dos drons foi recollido en distintos medios de comunicación nestes días nos que estivo participando na feira FP Innova. El Progreso, La Voz de Galicia, El correo gallego e a TVG no Telexornal. Aquí tedes algún exemplo en imaxes da prensa escrita (con maior resolución nos adxuntos), nunha reportaxe específica do noso proxecto en El Progreso online e no Telexornal Mediodía e no Serán.

 

 

Dectogas, a miniempresa no IES Lois Peña Novo. Xestión de arquivos e voluntariado enerxético

No suplemento da Chaira de El Progreso de hoxe saen tres actividades do noso centro: o obradoiro de xestión de arquivos audiovisuais da produtora Gaitafilms para alumnado de Administración, o programa de voluntariado enerxético de Endesa para alumnado de Electricidade e de Automoción e, en destaque, o proxecto de Miniempresa Dectogas que realiza o alumnado de Electricidade. Moita formación e iniciativa no IES Lois Peña Novo!

 

ardar

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro xoves 6 de abril imos celebrar unha xornada de portas abertas no IES Lois Peña Novo. Desde as 8:45 ás 22h o centro estará aberto para calquera persoa que queira visitalo e coñecer as nosas instalacións e equipamentos, facéndose ademais exhibición dalgunhas actividades significativas, como o funcionamento dun airbag, unha instalación domótica, dunha impresora 3D ou un dron.

No IES Lois Peña Novo impártense ensinanzas de ciclos formativos de grao medio e superior, Formación Profesional Básica e educación secundaria e bacharelato para adultos. Os Ciclos son das familias profesionais de Administración e Finanzas, Automoción, Electricidade e Informática, e en todos destacan con actividades novidosas e proxectos premiados e acollidos en distintos programas como o AtréveteMiniempresasVoluntariado enerxético de EndesaErasmus+ de prácticas no extranxeiro... achegando innovación nos distintos campos: vehículos híbridos e motor de hidróxeno, domótica, paneis solares, robótica, drons e impresión 3D, Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, multitude de actividades culturais e de formación integral do alumnado...
 
 
 
 

PROGRAMA VOLUNTARIOS ENDESA. ENERXÍA PARA O FUTURO, NO IES LOIS PEÑA NOVO

O proxecto PROGRAMA VOLUNTARIOS ENDESA. ENERXÍA PARA O FUTURO consiste nunha invitación por parte da Endesa para colaborar activamente cos centros educativos da zona (neste caso o IES Lois Peña Novo, Vilalba, e o IES Castro da UZ, As Pontes), para achegar o mundo laboral (a realidade na empresa e os propios traballadores) ó mundo educativo (alumnado de ciclos formativos).
Dentro do proxecto realizamos distintos tipo de actividades como son as charlas do mércores 22 de marzo: "Seguridade, organización e mantemento", con Francisco José Cal García, responsable do servizo de mantemento da central de As Pontes, e Daniel Pérez Santos, responsable do servizo de prevención da central de As Pontes. E as charlas de hoxe 29 de marzo, "Motivación e mantemento nas centrais térmicas" cos ponentes Benigno Durán Novo, responsable de recursos humanos Endesa, e José Antonio Velo Fernández, responsable de mantemento Endesa. A estas charlas acudiu o alumnado do Ciclo medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles e do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, cuxo departamento, o de Electricidade, xestiona este programa no noso IES.

 

Distribuir contido