Punto Laranxa contra o acoso escolar

Orientación

Enxeñaría e Arquitectura

Área de Enxeñaría e Arquitectura



 

Perfil de ingreso:      En xeral, o perfil recomendado de acceso a estas titulacións provén dos bacharelatos científico-tecnolóxicos, así como dos ciclos superiores das ramas      afíns. De acordo coas materias básicas propostas, é conveniente que se cursase matemáticas, física, química e debuxo. Véase o anexo I sobre as       ponderacións das materias modais do Bacharelato.

 

TITULACIÓN

CRÉDITOS ECTS

OBXECTIVOS FORMATIVOS

SAÍDAS PROFESIONAIS

Grao en Arquitectura

330

Habilita para a profesión regulada de arquitecto/a. Esta titulación forma ao graduado  na proxección e construción de edificios e o deseño e ordenación de zonas urbanas, de parques, de  paisaxes,etc

Exercicio liberal da profesión, en empresas ou na Administración. Redacción de proxectos e dirección de obra e edificación e urbanización. Planificación urbanística e ordenación do territorio.

Grao en Arquitectura Naval

240

Habilita para a profesión regulada de enxeñeiro técnico naval. Proporciona coñecementos científicos e tecnolóxicos para deseñar, construír, reparar e inspeccionar as plataformas dos buques, artefactos oceánicos e instalacións mariñas ou industriais da súa competencia, así como todos os cálculos relacionados coa arquitectura naval. Dá acceso ao Mestrado en Enxeñaría Naval e Oceánica que habilita para esa profesión regulada. Este grao e o anterior contan con dous cursos comúns, o que facilita a mobilidade e a posibilidade de cursar os dous en menos tempo do habitual.

Estaleiros, compañías navieiras, sociedades de clasificación, industria auxiliar de construción naval, consultorías, oficinas de enxeñaría, enxeñaría en xeral, portos, explotación de recursos mariños, industria offshore, centros de investigación, Administración e organismos públicos, así como docencia.

Grao en Enxeñaría de Edificación 

240

Habilita para a profesión regulada de arquitecto técnico. Os titulados afrontan a dirección da execución material das obras de edificación. Abrangue todo o proceso construtivo, desde materiais ata construción e calidade.

Dirección de execución de obras e fabricación, produción e xestión en empresas do sector da construción e inmobiliarias. Estudos e plans de seguridade e saúde, sistemas de calidade, seguridade e medio ambiente; xestión económica da construción, consultoría e auditorías técnicas; peritacións, taxacións ou valoracións; mantemento de edificios e administracións públicas.


 

TITULACIÓN

CRÉDITOS ECTS

OBXECTIVOS FORMATIVOS

SAÍDAS PROFESIONAIS

Grao en Enxeñaría de Obras Públicas 

240

O grao en Enxeñaría de Obras Públicas habilita para a profesión regulada de enxeñeiro técnico de obras públicas. Esta titulación proporciona a cualificación e formación científica no ámbito de actuación eminentemente técnico e tecnolóxico da enxeñaría civil. Conta con tres especialidades:

·         Hidroloxía

·         Construcións Civís

·         Transportes e Servizos Urbanos

Administracións públicas e entidades xestoras, empresas consultoras e de enxeñaría, universidades, por conta propia etc. desenvolvendo a actividade profesional nos campos do estudo, proxecto, dirección, inspección, construción, mantemento, conservación, explotación e xestión de obras de enxeñaría civil. Este grao permite acceder de forma directa ao Mestrado en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, que habilita para o exercicio desa profesión regulada.

Grao en Enxeñaría de Propulsión e Servizos do Buque 

240

Habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Naval. Esta titulación proporciona coñecementos científicos e tecnolóxicos para deseñar, construír, reparar e inspeccionar os sistemas de propulsión e o resto de sistemas auxiliares e equipos do buque e artefactos oceánicos e instalacións mariñas ou industriais da súa competencia. Este grao dá acceso ao Mestrado en Enxeñaría Naval e Oceánica que habilita para esa profesión regulada.

Estaleiros, compañías navieiras, sociedades de clasificación, industria auxiliar de construción naval, fabricantes de motores e turbinas, consultorías, oficinas de enxeñaría, industria en xeral, portos, explotación de recursos mariños, industria offshore, centros de investigación, Administración e docencia.

Grao en Enxeñaría Eléctrica 

240

Habilita para a profesión regulada de enxeñeiro técnico industrial. Ademais dos coñecementos comúns a todo o ámbito da enxeñería industrial, proporciona coñecementos sobre deseño, explotación e protección das instalacións de xeración, transporte e distribución da enerxía eléctrica, enerxías renovables e instalacións para o funcionamento dos servizos esenciais de calquera edificio ou actividade. Este grao dá acceso ao Mestrado en Enxeñaría Industrial que habilita para esa profesión regulada.

Técnico en sectores industriais e de servizos, proxectos, produción e mantemento, departamento comercial, oficinas de proxectos e consultorías. Exercicio libre da profesión, Administración pública.

Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática 

240

Este grao habilita para a profesión regulada de enxeñeiro técnico industrial. Ademais, proporciona coñecementos sobre electrónica industrial, técnicas de control, automatización, instrumentación e informática industrial. Este grao dá acceso ao Mestrado en Enxeñaría Industrial que habilita para esa profesión regulada.

Garante un alto nivel de empregabilidade nas áreas de electrónica e automática industrial. Técnico en sectores industriais e de servizos, exercicio libre da profesión na redacción e sinatura de proxectos, dirección de obra, taxacións etc. e na Administración pública.


 

TITULACIÓN

CRÉDITOS ECTS

OBXECTIVOS FORMATIVOS

SAÍDAS PROFESIONAIS

Grao en Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto 

240

Estes profesionais desenvolven novos produtos e melloran os existentes, tanto nos aspectos formais e estéticos como nos aspectos tecnolóxicos. Interveñen en todos os procesos de desenvolvemento, fabricación, presentación e promoción de novos produtos ou servizos e na modificación dos existentes.

Redacción e supervisión de proxectos de deseño industrial, estratéxicos, de desenvolvemento de produto, márketing etc. en estudios ou gabinetes de deseño. Dirección en empresas industriais ou da Administración pública. Docencia en centros públicos e privados.

Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais 

240

Proporciona coñecementos científicos e tecnolóxicos que o converten nunha titulación en enxeñaría moi polivalente.Dá acceso ao Mestrado en Enxeñaría Industrial que habilita para esa profesión regulada. Os catro graos do ámbito da Enxeñaría Industrial teñen dous cursos comúns, o que facilita a mobilidade e a posibilidade de cursar máis dun grao en menos tempo do usual.

Tarefas de dirección e xestión de proxectos en sectores como a industria enerxética, química, mecánica, construción, servizos, electricidade, electrónica, automoción, farmacéutica, siderometalúrxica, informática, loxística etc. Xestión da calidade, deseño de produtos e procesos, consultorías, compras ou investigación, desenvolvemento e innovación.

Grao en Enxeñaría Informática 

240

Proporciona unha formación ampla e sólida para dirixir e realizar tarefas relacionadas co ciclo de vida de sistemas, aplicacións e produtos que resolvan problemas de calquera ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións, aplicando o seu coñecemento científico e os métodos e técnicas propios da enxeñaría. Conta con cinco especialidades:

·         Enxeñaría do Software

·         Enxeñaría de Computadores

·         Computación

·         Sistemas de Información

·         Tecnoloxía da Información

Desenvolvemento de sistemas informáticos, análise de tecnoloxías da información, análise de sistemas informáticos; profesor, docente e investigador, así como director, xestor ou consultor de tecnoloxías da información.

Grao en Enxeñaría Mariña 

240

Habilita para a profesión regulada de oficial de máquinas de segunda e de primeira clase da Mariña Mercante. Este título confire formación científico-técnica con vistas á instalación, operación, optimización enerxética, mantemento e reparación de maquinaria, así como de sistemas en todo tipo de buques e instalacións industriais.

O carácter multidisciplinar da formación facilita a inserción laboral en eidos como Administración marítima, ensino, inspección de buques, navieiras, sociedades de clasificación, estaleiros e a industria de xestión de máquinas térmicas, enerxía e mantemento.


 

TITULACIÓN

CRÉDITOS ECTS

OBXECTIVOS FORMATIVOS

SAÍDAS PROFESIONAIS

Grao en Enxeñaría Mecánica 

240

Este grao habilita para a profesión regulada de enxeñeiro técnico industrial. Ofrece competencias para desenvolver proxectos no ámbito tecnolóxico mecánico da enxeñaría industrial. Ademais proporciona os coñecementos necesarios para valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas e traballar nun medio multidisciplinar. Este grao dá acceso ao Mestrado en Enxeñaría Industrial que habilita para esa profesión regulada.

Elaboración de proxectos e informes técnicos no ámbito da enxeñaría mecánica. Dirección e xestión de proxectos de empresas de construción, instalacións e mantemento electromecánico. Deseño de maquinaria, automoción, caldeiraría, instalacións domésticas e industriais, produción industrial, Administración pública, fundacións ou consultorías.

Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil 

240

Os graduados en Tecnoloxías da Enxeñaría Civil contarán cunha profunda formación para executar todos os procesos relacionados coa enxeñaría civil: edificación, enerxía, estruturas, materiais, urbanismo, xeotecnia ou hidráulica, así como enxeñaría cartográfica, marítima e sanitaria.

Administración pública e entidades xestoras, empresas consultoras e de enxeñaría, construtoras, universidades e centros de investigación etc. Este título permite acceder de forma directa ao Mestrado en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, que habilita para o exercicio desa profesión regulada.

Grao en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo 

240

Habilita para a profesión regulada de piloto de segunda e de primeira clase da Mariña Mercante. Esta titulación proporciona a formación para o exercicio, a bordo de todo tipo de buques, das funcións de dirección nos aspectos náuticos, seguridade, persoal, operacións etc. ocupando o cargo de oficial de ponte. Facilita, ademais, a formación para a inserción en ámbitos laborais terrestres relacionados con empresas marítimas.

Administración marítima, navieiras, aseguradoras do sector, prácticos de porto, estaleiros, vixilancia aduaneira, control de trafico, instalacións náutico-deportivas ou inspección de buques

 


Powered by Drupal - Design by artinet