Punto Laranxa contra o acoso escolar

Normas para a presentación de comunicacións científicas

Poderanse presentar comunicacións orais e tipo póster; a temática das comunicacións será:

  • As funcións dos TCAE e os TES nas urxencias intra e extrahospitalarias.
  • Reflexións sobre as boas prácticas profesionais en situación de emerxencias. Técnicas innovadoras.
  • Estudo de casos.
  • A colaboración entre entidades en situación de urxencia-emerxencia.

Para poder presentar unha comunicación ou póster, un dos autores/as deberá estar inscrito na Xornada, cun máximo de seis autores/as por comunicación ou póster.

 

Para facilitar a impresión dos pósters, o IES Leixa pon a disposición dos participantes o servizo de reprografía de alta calidade en gran formato a baixo prezo. Unha impresión de alta calidade, plastificado e montaxe en cartón pluma realizado polos nosos estudantes de artes gráficas (consultar prezos).

 

NORMAS DE PRESENTACIÓN DAS COMUNICACIÓNS ORAIS:

A exposición da comunicación oral farase na sesión de tarde. Unha vez comunicada a aceptación da comunicación, confirmarase o tempo de exposición, que non excederá de 10 minutos.

Os/as relatores deben achegar unha presentación en formato electrónico compatible con Power-Point 2010 antes do día 2 de maio.

NORMAS DE PRESENTACIÓN DE PÓSTERES:

  • As dimensións dos pósters serán de 90 cm de ancho por 120 cm de alto ± 10 cm.
  • Os participantes deberán achegar unha copia do póster en formato pdf de alta calidade antes do día 30 de abril. No póster debe constar o nome de todos os autores/as.
  • Os pósters serán situados nun lugar visible para participantes no lugar de celebración da Xornada.
  • Os/as autores/as poderán defender os seus pósters, no horario establecido no calendario da Xornada durante un tempo máximo de 5 minutos.

Outorgaranse premios ás mellores comunicacións e pósteres, en dúas categorías: unha para estudantado e outra para profesionais.

O Comité Científico valorará na exposición das comunicacións orais e pósteres a utilización do método científico, a súa achega innovadora así como a utilización de ferramentas de investigación relacionadas con tecnoloxías modernas.

Powered by Drupal - Design by artinet