Punto Laranxa contra o acoso escolar

Frase da semana (ou do mes, ou do ano, ...)

 

Galileo Galilei
(1564-1642)

Non se lle pode ensinar nada a un home; só se lle pode axudar a atopar respostas dentro de si mesmo

- - -

Galileo Galilei naceu en Pisa (Italia). Estaba estudando medicina cando o seu interese polas matemáticas lle fixo abandonar os seus estudos. Tamén se interesou pola filosofía, a literatura, a topografía, a arquitectura e mesmo fixo algúns inventos como a balanza hidrostática. 
Pero sen dúbida onde destacou máis foi na astronomía grazas ás modificacións que fixo nun recente invento holandés, o anteollo, que pronto transformou nos primeiros telescopios.
As súas observacións confirmaron as teorías heliocéntricas de Copérnico, o que lle valeu o enfrontamento coa igrexa que rexeitaba estas teorías pola súa oposición á Biblia. A consecuencia foi un xuízo no que, a pesares de que se retractou das súas opinións, foi condenado a cadea perpetua, transformada en arresto domiciliario de por vida. 
<<< Anterior  Seguinte >>>

Powered by Drupal - Design by artinet