Punto Laranxa contra o acoso escolar

Normas de foro

Os foros da web do IES Leixa teñen como obxectivo a consulta entre os visitantes, polo que a súa utilización debe limitarse aos aspectos relacionados coa temática.

Como normas, deben observarse as seguintes recomendacións:

  • Antes de facer unha consulta débese tratar de atopar a resposta nas diferentes seccións da web. Non se responderán cuestións que estean explicadas con claridade na web ou sexan moi xerais.
  • Debe utilizarse unha linguaxe correcta, evitando elementos lingüísticos malsonantes ou que resulten ofensivos, denigrantes ou intolerantes.
  • Non se admitirán contidos que atenten, de calquera xeito, a persoas ou institucións.
  • Deben respectarse as máis elementais normas de conduta en internet.
  • Debe evitarse o uso de maiúsculas globais. Enténdese que a escrita en maiúsculas é unha forma de gritar.
  • Debe evitarse a linguaxe apocopada, tipo SMS ou WATSAPP.

A administración da web resérvase o dereito de eliminar os temas, preguntas ou comentarios que non sigan estas regras.

Debe entenderse que a páxina web do IES Leixa é unha páxina educativa ao servizo dos estudantes.

Powered by Drupal - Design by artinet