Punto Laranxa contra o acoso escolar

Política de calidade

POLÍTICA DE CALIDADE DA REDE DE CALIDADE DE CENTROS INTEGRADOS:

O Sistema de Xestión da Calidade (SXC) da Rede de Centros Integrados de Galicia, que na actualidade está formada por 23 centros, está baseado na norma ISO 9001:2015 e aplícase de forma uniforme en todos os centros integrados de Galicia coordinados pola Subdirección Xeral de Formación Profesional. Todos os centros integrados desenvolven os mesmos PROCEDEMENTOS (PR) utilizando os mesmos MODELOS DOCUMENTAIS (MD), aínda que hai procedementos que inclúen modelos de libre configuración polos centros e mesmo poden habilitar documentos propios, se o consideran necesario.

A norma ISO 9001:2015 está enfocada a:

  • Mellorar a satisfacción dos clientes, no noso caso, todo o colectivo do centro, especificamente o alumnado.
  • Analizar as debilidades e amenazas da organización para identificar os riscos e as oportunidades.
  • Establecer procedementos de traballo que unifiquen os criterios, enfocados a uns obxectivos concretos de mellora, sobre todo o procedemento ensino-aprendizaxe.
  • Mellorar a eficacia e a eficiencia do traballo desenvolvido no centro.
  • Reducir o número de reclamacións.

Na actualidade o SXC inclúe 7 procesos e 24 procedementos, a meirande parte deles no apartado 8, relacionado co proceso ensino-aprendizaxe e a acreditación de competencias. Todos estes procesos están relacionados con un ou máis apartados da norma ISO 9001:2015 que consta de 10 apartados, sendo operativos, dende o punto de vista da calidade, do 4 ao 10. Hai que ter en conta que o SXC da Rede Galega de Centros Integrados está adaptado, segundo as necesidades, á ISO 9001:2015, pero non cubre todos os subapartados dos distintos epígrafes da norma, porque non o precisa.

A denominación dos documentos fai referencia ao Manual de Calidade (MC), ao procedemento (PR) ou ao modelo documental (MD). Tamén hai instrucións de traballo (IT). 

Powered by Drupal - Design by artinet