Galería de fotos

IES Lamas de Abade

Máis visto
tn_Casares_O_sol_do_veran.jpg
O SOL DO VERÁN3 vistasO suicidio do vital e atractivo Carlos aos 27 anos de idade desencadea os mecanismos do recordo en Helena, a muller que o atopou deitado na bañeira despois de se pegar un tiro. Helena, amiga do finado desde a infancia, repasa unha historia común que se remonta aos anos da nenez e as vacacións de verán compartidas.
tn_Casares_Esteetoribio2017.jpg
ESTE É TORIBIO3 vistasDirixido á xente miúda. Carlos Casares encetou no arranque dos anos noventa a serie de libros nos que o protagonista é Toribio, un neno de oito anos cun enxeño fóra do común. Cheas de humor e imaxinación e marcadas polos fabulosos inventos do seu personaxe principal, as historias, sempre didácticas, reflicten unha das facetas da personalidade do autor: a fascinación pola tecnoloxía.
tn_Casares_A_marxe_1992.jpg
Á MARXE, 1992. Obras xornalística I3 vistas Recompilación dos artigos publicados por Carlos Casares no xornal La Voz de Galicia.
tn_Casares__Á_marxe_1993.jpg
Á MARXE, 1993. Obras xornalística II3 vistas Recompilación dos artigos publicados por Carlos Casares no xornal La Voz de Galicia
tn_Casares_Os_escuros_soños_de_Clio.jpg
OS ESCUROS SOÑOS DE CLIO2 vistasViquingos sanguinarios, curas inquisidores, republicanos, fidalgos e masóns xúntanse nas páxinas d´Os escuros soños de Clío, un exercicio de ficción histórica en forma de pequenos relatos
tn_Casares_Cambio_en_tres.jpg
CAMBIO EN TRES2 vistasA violencia diaria, exercida de pais a fillos, de homes a mulleres, entre compañeiros; a dureza da vida, primeiro nas cidades e despois no estranxeiro; e a falta de expectativas durante os anos centrais da ditadura. Con estes elementos compuxo Carlos Casares Cambio en tres, unha das súas obras máis experimentais, que entroncou no seu día coa prosa europea de vangarda.
tn_Casares_Un_polbo_xigante.jpg
UN POLBO XIGANTE2 vistasUn home rememora o episodio que marcou a súa infancia: a desaparición do criado Nicolás mentres os dous pescaban, arrastrado ao fondo do mar por un mítico polbo xigante. Nun primeiro momento, o rapaz cre o que lle conta a Delfina: que o polbo non é outro que o xastre de Agüeiros, amante da troula, reencarnado e en busca que compañeiros de festa. Co tempo, e tras moito debate con Delfina, o mozo deixará de crer a historia… ou non de todo.
tn_Casares_Ilustrísima.jpg
ILUSTRÍSIMA1 vistasA chegada do cinematógrafo a unha pequena cidade galega desata o enfrontamento entre o bando máis intransixente do clero, apoiado polas profecías apocalípticas dunha monxa coa aparente capacidade para levitar, e o talante aperturista do bispo, un home tan devoto como amante dos praceres terreais e do trato coa xente do común.
tn_Casares_Vento_ferido.jpg
VENTO FERIDO1 vistasUnha ducia de relatos curtos forman Vento ferido, o libro que deu a coñecer a Carlos Casares en 1967 no entón nacente panorama literario galego. Nesta primeira obra, o autor toca xa algúns dos temas que serán fundamentais na súa traxectoria: a memoria, a desesperanza e a violencia.
     
417 ficheiros en 35 páxina(s) 35