Profesorado

Alumnado

Taboleiro de secretaría, Admisión/Matrícula, Libros de texto, Calendario escolar, Horarios de atención, Transporte, Menú comedor

Fondo de libros para o curso 2024-2025


O prazo para presentar solicitudes do fondo de libros para o curso 2024-2025 iniciarase o día 20 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído).

 


 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

Desde o 1  ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares sostidos con fondos públicos para o vindeiro curso 2024/25 para todo o alumnado  ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

A solicitude deberá facerse a través da aplicación admisión alumnado.

 

 

Listaxe libros de texto do curso 2023-2024

Faise pública a listaxe dos libros de texto para o curso académico 2023-2024.

Calendario fin de curso 2022/2023

Faise público o calendario fin de curso 2022/2023

Alumnado admitido para o curso 2023/2024

Faise pública a listaxe definitiva de alumnos admitidos e non admitidos para o curso 2023/2024.

A información contida neste informe pode visualizarse:

  • presencialmente, no taboleiro de anuncios situado no interior do centro
  • telematicamente, a través da apliación admisiónalumnado empregando a Chave 365 ou certificado dixital

 

Fondo libros para curso 2023/2024

Publicada a Orde do 10 de maio de 2023 (DOG nº 94 de 19/maio/2023) pola que se regula a participaciónno fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir librosde texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educaciónprimaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centrosdocentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

O prazo de presentación de solicitudes iniciase o día 22 de maio erematará o día 21 de xuño de 2023.

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2023/24. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal