Profesorado

Alumnado

Novas

Calendario fin de curso para 1º Bacharelato, ESO e FP básica

 

FIN DAS CLASES ESO

19 de XUÑO

VENRES

FIN DAS CLASES COCIÑA

18 de XUÑO

XOVES

FIN DAS CLASES 1º BACH

12 de XUÑO

MÉRCORES

(OS EXAMES CONTINÚAN A SEMANA SEGUINTE)

 

ENTREGA DE NOTAS FINAL

23 de XUÑO

MARTES

Coa seguinte distribución horaria:

A.    ALUMNOS/AS DE 1º BACHARELATO

 

A entrega de notas será polos respectivos titores/as dos distintos grupos nas aulas correspondentes ás 10:30 horas.

O/A titor/a informará aos alumnos/as sobre o seu dereito a solicitar unha entrevista co/a profesor/a dunha determinada materia para revisar/consultar exames, criterios de corrección, etc. Nese caso, os alumnos/as deberán cubrir unha solicitude, cuxo modelo se atopa en secretaría.

    

B.    ALUMNOS/AS DE 1º 2º 3º e 4º da ESO :

 

No caso dos alumnos-as de 1º ESO e 3º ESO, a entrega de notas será polos respectivos titores/as dos distintos grupos nas aulas correspondentes de 09:30 a 10:30 horas.

No caso dos alumnos-as de 2º ESO e 4º ESO será igualmente realizada a entrega das notas polos seus respectivos titores/as nas aulas correspondentes de 10:30 a 11:30 horas.

Aqueles alumnos/as que consideren oportuno consultar con algún dos profesores/as das diferentes materias sobre as súas notas, criterios de corrección, etc. deberán cubrir unha solicitude para que o profesor/a poida atendelo axeitadamente.

REVISIÓNS DE EXAMES

23 de XUÑO

MARTES ata as 13:10

RECLAMACIÓNS

23, 24 e 25 de XUÑO

MARTES, MÉRCORES e XOVES Ata as 11:30 horas.

 

FONDO DE SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2015-2016

 

FONDO SOLIDARIO libros de texto 2015

 

A Orde do 21 de maio de 2015 (publicada no DOG o 1 de xuño) contempla os requisitos, prazo de presentación e a documentación a presentar polos alumnos da ESO para acollerse ao FONDO SOLIDARIOde libros de texto para o curso 2015/2016.

  • Estar matriculado en 2º ou 4º de ESO no curso 2015/2016.
  • Prazo de presentación  do 2 de xuño ao 30 de xuño de 2015, ambos inclusive.
  • Asignación por orde inversa das rendas per cápita familiar no ano 2013 (salvo alumnado que estea en tutela ou garda pola Xuntade Galicia ou aquel con discapacidade superior a 65% que teñen preferencia na adxudicación)
  • COMPROMISO DE USAR OS LIBROS CORRECTAMENTE E CONSERVALOS EN BO ESTADO .
  • COMPROMISO DE DEVOLUCIÓN DOS LIBROS AO FONDO SOLIDARIO DE PRÉSTAMO NO CENTRO.
  • LISTADO PROVISORIO: 7 de xullo> Relación Solicitantes e libros dispoñibles
  • RECLAMACIÓNS: 8 - 9 de xullo
  • LISTADO DEFINITIVO: 15 de setembro> Relación asignación libros/alumno
  • O CENTRO ENTREGARÁ OS LIBROS A PARTIR DO 15 DE SETEMBRO (datas previstas: 16 e 17 setembro 2015)

ADMISIÓN alumnado 2015-2016

 

PROCESO ADMISIÓN 2015-16

Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato

Normativa reguladora do proceso

DOG 53 15/03/2013 Orde do 12 de marzo de 2013pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. [ligazón DOG]

Solicitudes de ADMISIÓN: 1 a 23 MARZO

Quen ten que presentar a solicitude de admisión?

O pais, nais ou titores legais do alumnado que non curse estudos no IES Lagoa de Antela ou nalgún dos centros adscritos durante o curso 2014/15 terá que presentar solicitude de admisión para o curso 2015-16

Entre o 1 e o 23 de marzo, entregando solicitude normalizada segundo anexo II, acompañada do formulario de previsión de matrícula que se lle facilitará na secretaría do instituto, en horario de atención ao público de 9.00 a 14.00 h., de luns a venres (Días non lectivos de 10.00 a 13.00 h.)

De existir máis demanda que prazas ofertadas o 24 de marzo comunicaríaselle aos pais, nais ou titores legais do alumnado para que aportasen a documentación xustificativa para a aplicación do baremo.

Que documentación presentar?

·        - Anexo II, cumprimentado con todos os datos

·        - Fotocopia do DNI (ou copia da páxina do libro de familia onde figura o alumno/a)

·        - Certificado de matrícula do curso actual

·        - Documentación complementaria, de ser requirido

Como saber se está admitido?

O 24 de abril publicarase a lista provisoria de alumnado admitido e non admitido, contando con 5 días hábiles para formular reclamacións.

O 14 de maio publicarase a lista definitiva.

O alumnado admitido terá que formalizar a matrícula no prazo ordinario do 25 de xuño ao 10 de xullo, ou no extraordinario de setembro no caso de ter algunha materia pendente.

 

Nota INFORMATIVA

1.     Os impresos de solicitude facilitaranse na secretaría do Instituto ou poden descargarse http://www.edu.xunta.es/web/node/14293.

 2.     Cada alumno ou alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O infrinxir esta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 3.     O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro (como sucede cos propios do IES Lagoa de Antela), se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo ou previamente, ao centro de orixe. Tamén debe pedir un certificado para entregar no novo centro, xunto co anexo II, deixando copia do mesmo.

 4.     O alumnado dos centros adscritos, que teñen reservada praza no IES Lagoa de Antela, se quere presentar solicitude de admisión noutro disinto, deberá comunicar a renuncia á reserva na secretaría antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Centros adscritos ao IES Lagoa de Antela:

CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia)

CEIP Baltar

CEIP Plurilingüe Os Blancos

CEIP Nª Sª do Carme (Calvos de Randín)

CEIP Carlos Cid Arregui (Rairiz de Veiga)

CEIP Sandiás

CEIP Sarreaus

CEIP Plurilingüe Vilar de Barrio

 

Postos escolares e VACANTES ofertadas

 

CURSO

Modalidade

Unidades

Postos escolares

Prazas reservadas

VACANTES DISPOÑIBLES PARA CURSO 2015/16

1º ESO

4 x 30

120

82

38

2º ESO

4 x 30

120

70

50

3º ESO

4 x 30

120

67

53

4º ESO

3 x 30

90

64

26

1º BAC

Ciencias e tecnoloxía

1 x 33

33

19

14

Humanidades e CC.SS.

1 x 33

33

8

25

2º BAC

Ciencias e tecnoloxía

1 x 33

33

23

10

Humanidades e CC.SS.

1 x 33

33

25

8

Nota: En 1º de ESO, dos 120 postos escolares, resérvanse 12  para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). De non cubrirse por este alumnado ofertaranse ao resto do alumnado solicitante.

VER ADXUNTOS:

Calendario procedemento admisión 2015-16

Calendario do proceso de reserva, admisión e matrícula

ESO-Bacharelato

Curso 2015-2016

Adaptación IES Lagoa de Antela da Disposición adicional primeira Orde 12 marzo 2013 (DOG 53 15/03/2013)

Os prazos previstos nesta orde para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado son os que se indican a continuación e, en todo caso, enténdense referidos ao ano natural (ficheiro):

1. Reserva de praza no centro de orixe (alumnado matriculado nun centro adscrito a este instituto) : 1 - 19 de febreiro.

2. Publicación de postos escolares vacantes: 28 de febreiro.

3. Presentación da solicitude de admisión (alumnado matriculado nun centro non adscrito a este instituto): 1 - 23 de marzo.

4. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión [só no caso de que as solicitudes superen as prazas ofertadas]

6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: 24 de abril.

7. Reclamación contra as listas provisionais de admitidos/as: 5 días hábiles dende a exposición(25 – 30 abril, ambos incluídos)

8. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 14 de maio.

 

9. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato:

25 de xuño - 10 de xullo

 

 

 10. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1 - 10 de setembro