Profesorado

Alumnado

PROXECTO "REFUXIOS" DO IES LAGOA DE ANTELA

 

 

 

 

O IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia, Ourense) foi seleccionado na convocatoria Probleu para levar a cabo o proxecto Refuxios. A nosa proposta foi a única candidatura galega seleccionada nesta convocatoria de financiamiento de proxectos relacionados coa protección da augas oceánicas e continentais, entre máis de​​ 80 candidaturas de 19 países da Unión Europea.

 

Probleu é un programa europeo promovido polo Institut de Ciències del Mar, Kaunas University of Technology, INOVA+ Innovation Services, Earthwatch Conservation Education and Research Trust, Plymouth Marine Laboratory e Ocean Conservation Trust. Ten como obxectivo impulsar a alfabetización hídrica, un novo concepto que fai fincapé na importancia da educación ambiental ligada á auga como eixo transversal na educación formal. Para facelo, este programa da apoio a unha rede de Escolas Azuis e financia proxectos educativos innovadores sobre o océano ou as aguas continentais que teñan un impacto significativo no alumnado e na cidadanía. 

 

Refuxios foi seleccionado xunto con outros 10 proxectos que contribúen á compresión e conservacón dos ecosistemas acuáticos, tanto mariños como de auga doce, de escolas de países como Rumanía, Reino Unido, Suecia, Francia, Estonia e España. Así mesmo todos eles contribúen á Misión Europea "Restaurar as nosas augas e océanos”-. Trátase de iniciativas diversas que van dende a creacion de refuxios mariños e pradeiras de Posidonia no CIFP Can Marines en Baleares 

ata a creación de refuxios acuáticos como hotspots de biodiversidade no Centro de formación Folgado S.L.U en Valencia. Todos os proxectos, incluido o noso, comezaron o 1 de abril e terán unha duración de 11 meses.

 

A nosa proposta ten como obxectivo concienciar ao alumnado do IES Lagoa de Antela sobre o valor ambiental dos pequenos humidais. Facendo alusión a antiga Lagoa de Antela, o alumnado vai deseñar e levar a cabo diversas accións para crear unha zona bio-inclusiva nunha zona do patio, co obxectivo de incrementar a biodiversidade na mesma. Ao longo do proxecto crearase, nela, un pequeno humidal xunto con diversas estruturas para dar refuxio tanto aos animais como ás persoas.  Refuxios é unha propsta multidisciplinar que bota a andar coa colaboración das materias de Educación Plástica Visual e Audiovisual e Bioloxía e Xeoloxía de 1º ESO, e tamén de Lingua Galega e Inglés do mesmo curso. As accións están deseñadas principalmente para os 92 alumnos e alumnas deste curso, pero tamén contaremos con outros niveis nas distintas actividades que levemos a cabo. 

 

Ao longo deste curso faremos unha serie de actividades para achegar técnicas de construción con materiais naturais, mediante o trenzado ou a cestería, ao alumnado. Tamén faremos especial fincapé na relación entre Arte e Natureza, dando a coñecer propostas artísticas que exploran esta relación como o Land Art. Con todo, o proxecto rematará no curso académico 2024/2025, polo que finalizaremos a creación das estruturas de refuxio durante o curso que ven.

 

Refuxios pretende involucrar a diferentes entidades e persoas ao longo do proxecto xa que a participación doutros axentes como familias do alumnado ou do concello son outro dos piares da proposta. Trataremos de implicar ao centro veciño, IES Cidade de Antioquía, nalgunhas das actividades e procuraremos sinerxias con outros centros de ensino de Galicia que posúen charcas nas súas instalacións, poñendo en valor este pequeno ecosistema como un valioso recurso educativo. 

 

 

      

 

 

 

 

 

Funded by the European Union

Funded by the European Union. Views and opinions expressed are however those of the author(s) only and do not necessarily reflect those of the European Union or CINEA. Neither the European Union nor the granting authority can be held responsible for them.

UK participants in Horizon Europe Project ProBleu [101113001] are supported by UKRI grant numbers: 10082336 Earthwatch Europe, 10081234 Plymouth Marine Laboratory and 10082355 Ocean Conservation Trust.

 

ProBleu é un programa coordinado por:

 

 

 

No que participan os seguintes partners: