Profesorado

Alumnado

Confirmación novos casos da Covid-19 no IES LAGOA DE ANTELA

Bo día,

informamos á comunidade educativa da existencia de 6 novos positivos no centro. Realmente foron 3 positivos procedentes das vacacións de Nadal máis outros 3 da semana pasada, pero que aínda agora transmitiron os contactos estreitos dende a Consellería.

Pese ao rechamante da cifra, os positivos producíronse por contactos externos ao centro non identificando transmisión de ningún caso dentro do mesmo (ou sexa, ningún positivo provocou outros positivos nos compañeiros/as) polo que non é necesario tomar ningunha outra medida sanitaria, de momento.

De tódolos xeitos, pregramos responsabilidade das familias e dos alumnos/as, estremar as medidas de protección e non relaxarse nas mesmas cando fagan vida social, dentro ou fóra do instituto.

Calquera dúbida ou cuestión, poden contactar co centro nas formas habituais.

Saúde e sorte

Equipo Covid IES Lagoa Antela