Incio sesión

Adiadas ata novo aviso as eleccións ao Consello Escolar

Segundo se establece na Resolución do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, adíanse todos os procesos electorais para a proclamación de novos/as representantes no Consello Escolar que se convocaran seguindo a Resolución do 30 de setembro de 2020 (publicada no DOG nº204 de 8 de outubro).

Ante esta resolución, os comicios que se ían celebrar no noso centro quedan adiados ata nova orde e, seguindo o establecido no artigo 55 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, o alumnado (dado que non hai unha candidatura suplente resultado das anteriores eleccións) non poderá dispoñer dun representante no Consello Escolar ata a publicación dunha nova convocatoria.

 

Grazas pola súa atención.