Incio sesión

Eleccións ao Consello Escolar 2020-2021

Estimada Comunidade Educativa:

De acordo co Regulamento Orgánico dos Institutos de Ensino Secundario –Decreto 324/1996, do 26 de xullo- (DOG nº156 de 9 de agosto) e da Resolución do 30 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG nº204 de 8 de outubro) o Consello Escolar do IESP Fontem Albei, debe renovar á persoa representante do alumnado en datas próximas.

Entre os días 23 e 27 de novembro terán lugar as eleccións no seguinte sector da Comunidade Educativa: alumnado.

A Xunta Electoral é a encargada da organización e supervisión do procedemento de elección das persoas integrantes do Consello Escolar. Está formada polo Director do centro, unha persoa docente, un/ha pai/nai ou titor legal, un/ha alumno/a e un/ha integrante do Persoal de Administración e Servizos.

A constitución da Xunta Electoral realizarase mediante un sorteo público entre todas as persoas que conforman os distintos sectores da Comunidade Educativa: terá lugar na Aula de Administración do Instituto o vindeiro luns día 26 de outubro de 2020 ás 11.20 horas.

Unha vez constituida, será a citada Xunta quen fixe o calendario electoral, prazos de presentación de candidaturas e outras informacións ao respecto que, por ser do seu interese, lle serán comunicadas no seu momento.

É de grande importancia que o sector da Comunidade Educativa ao que pertence o alumnado estea representado no Consello Escolar, xa que é este o principal órgano de goberno do Instituto.

Na Fonsagrada, a 20 de outubro de 2020.