QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES

QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES

 

O pasado 6 de maio recibimos no centro a visita dunha empresa lucense do sector da madeira para, a través dunha charla didáctica, favorecer unha conciencia libre de estereotipos de xénero e de prexuízos respecto das profesións con pouca representación feminina. Esta actividade, destinada ao alumnado de 3º e 4º da ESO, está dentro do programa educativo “Que non te líen, ti elixes”, impulsado polas Consellerías de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e de Promoción do Emprego e Igualdade. 

 

O obxectivo da charla foi favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos, enfocados nos ciclos de formación profesional con menor presenza de mulleres, contribuíndo á desaparición da fenda de xénero no ámbito laboral a través da formación profesional. 

non_te_lien

tu_elixes