Incio sesión

Espazo Violeta

ESPAZO VIOLETA

Na biblioteca do IES Fontem Albei contamos unha sección de feminismo situada nun espacio deseñado con moito coidado. 

Dispoñemos dun moble violeta iluminado cunha lámpada de pé e un asento para poder consultar e ler os libros.

Podemos atopar obras para docentes como "O segundo sexo" ou "A dominación masculina"; novelas para a rapazada e persoas adultas, como "O conto da criada"; poesía, como "Campo de plumas" ; libros xuvenís, como "George" ou "22 segundos".

Este espacio está situado no centro da biblioteca para que acade o máximo protagonismo. Nas clases de Valores e Filosofía dáselle difusión a esta sección. 

violeta