Incio sesión

Día internacional das mulleres

 

 

“Día internacional das mulleres na clase de Oratoria de 3º ESO”

 

A conmemoración do “Día internacional das mulleres” (8M), foi a razón de que o alumnado de 3º da ESO da materia de Oratoria buscara información sobre mulleres activistas. Tratouse de investigar a diferentes mulleres que, en distintos ámbitos, trataron de mudar o noso mundo e a nosa sociedade, levando a cabo unha loita que condicionou as súas vidas de maneira radical.

 

Na primeira sesión fíxose unha chuvia de ideas sobre mulleres coñecidas polo alumnado, xurdindo moitos exemplos, algo que se aproveitou para conversar sobre elas, poñendo en común os distintos datos que sabían. 

 

Na seguinte sesión, a rapazada escolleu unha das mulleres comentadas  para traballar sobre ela, procurando información e datos relevantes.  

 

Na última sesión elaboraron carteis coa información recadada, que se expuxeron ante a clase, para finalmente colgar estes traballos na entrada do instituto, a modo de exposición para a nosa comunidade educativa.

 

 

ora1ora3

 

ora4