Incio sesión

“Día internacional das mulleres”

“Día internacional das mulleres”

 

O 12 de marzo a nosa comunidade educativa reuniuse para reivindicar o 

“Día internacional das mulleres”, que se conmemora o 8 de marzo.

 

Reunímonos dende os centros educativos da Fonsagrada e Negueira de Muñiz, con desexos de transformación, sabendo que o cambio parte da educación e da nosa unión.

 

Tres mulleres da nosa contorna compartiron con nós os seus testemuños sobre as actividades que desenvolven, a día de hoxe aínda con pouca representación feminina:  

 

- Uxía Castro Fernández: estudante de Educación Primaria, xogadora de fútbol e árbitra da delegación da Coruña e asistente de 3ª nacional.

 

- Tania Rancaño Arruñada: xestiona unha explotación gandeira e  presidenta da Asociación de Defensa Sanitaria Gandeira da Fonsagrada.

 

- Concha Cordero Castro: autónoma dunha empresa de carpintería de aluminio.

 

Contamos tamén coa participación dun grupiño de mulleres do Residencial Rois, que nos leron unhas coplas dunha cantiga tradicional, de corte feminista. Ademais, agasalláronnos cun bonito atrapasoños, deseñado e elaborado para reivindicar o 8M.

 

Alumnas dos tres centros educativos, co resto das persoas presentes no acto, racharon frases e expresións machistas que queremos eliminar das nosas vidas, como símbolo do noso desexo de desterrar estes estereotipos do noso vocabulario e do noso pensamento para sempre.

 

Un grupo de compañeiras do colexio e instituto interpretaron unha muiñeira interxeracional na que a muller ten o papel protagonista.

 

Rematamos o acto coa participación musical de CATUXA SALOM, nunha actuación marabillosa cargada de enerxía.

 

A continuación, compartimos o cartel que alumnas e alumnos de 3º da ESO fixeron para visibilizar o día internacional das mulleres. Así mesmo, compartimos unhas fotos desta xornada tan especial. 

8M_1

8M_2

8M_3

8M_4

 8M_5

8M_6