Incio sesión

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 

 

Con motivo da conmemoración, o 11 de febreiro,  do “Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia”, realizouse en torno a esa data nos distintos cursos da ESO, unha actividade para dar a coñecer entre o alumnado algunhas mulleres científicas españolas. A actividade consistiu na realización, por grupos, dun xogo de retos, cada un asociado a unha científica, a través dos cales ían obtendo letras para descrifrar unha frase final. Unha vez conseguida, rapidamente, tiveron que montar un crebacabezas con todo o aprendido.

A continuación poden verse algunhas fotos do material utilizado que foi sacado da conta de instagram @rym_bioteach.

11_F_1

11_F_2

11_F_3