Incio sesión

25N: Día internacional da Eliminación da Violencia Machista

 

Co motivo do Día internacional da Eliminación da Violencia Machista, o alumnado de 1º deBacharelato, na materia de Filosofía, o de 3º da ESO, na materia de Valores e o de 4º da ESO, na materia de Oratoria, analizou os aspectos fundamentais deste tipo de violencia. Destacaron a importancia da loita de moitas mulleres, partindo do coñecemento do asasinato de Ana Orantes, que mudou a percepción na nosa sociedade sobre a violencia contra as mulleres, o que supuxo o inicio dos cambios lexislativos neste ámbito.

 Traballo Ana Orantes

 

 

Con esta temática, o alumnado de 1º de Bacharelato, na materia de TIC, traballou a edición de imaxes e a creación de presentacións.

 

 

 

Alumnas dos distintos cursos da ESO elaboraron un manifesto reivindicativo que leron o 24 de novembro nun acto público na praza do Concello. Esta actividade implicou a nosa comunidade. O IES, o CEIP e a Galiña Azul fomos camiñando, portando os traballos gráficos realizados contra a violencia machista. Ademais da lectura do manifesto, colocáronse estes traballos, que quedaron en exposición durante uns días.

 

 

FOTO

 

 

 

 

Vídeo