CHARLA DE MULLERES CIENTÍFICAS

O luns 19 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de ESO acudiu a unha actividade organizada pola Biblioteca Pública da Xunta de Galicia en Lugo, coa intención de animar ao alumnado feminino a considerar a posibilidade de cursar estudos científicos e valorar as súas saídas profesionais. A charla correu a cargo de tres mulleres con actividades profesionais relacionadas coa ciencia e a innovación tecnolóxica.

 

Na foto, María Tortosa, investigadora do CSIC; Maruxa García-Quiroga, empresaria do sector alimentario; e Sofía Pérez, que traballa na empresa privada, no departamento de calidade de Pascual.

O noso alumnado foi moi participativo na rolda de preguntas posteriores á charla. Esperamos que esta experiencia lles axude a ser conscientes das dificultades que teñen que afrontar as mulleres no eido laboral e que sirva para conciencialos en traballar pola igualdade de oportunidades.