"COÑECENDO A PESCA SIN MORTE” con DAVID ARCAY, catro veces campión do mundo de pesca a mosca.

O marte 24 de maio o alumnado do centro participou nunha actividade de presentación da pesca sen morte impartido por David Arcay, tetracampión do mundo da modalidade de pesca a mosca.

Partindo do principio de respecto ao medio natural e poñendo en valor a conservación dos nosos ríos e da súa fauna, presentouse a pesca a mosca sen morte, baseada na captura e solta, como actividade recreativa e deportiva na natureza. E ó rematar a sesión teórica David realizou unha pequena exhibición de lanzado na pista polideportiva.