# RosalíaTe Mannequin challenge

Co gallo do aniversario do nacemento da nosa autora galega máis internacional - 24 de febreiro-a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) propuxo aos centros de ensino galegos una serie de actividades para honrar a Rosalía de Castro. Para os centros de ensino secundario a idea foi a realización dun mannequin challenge que recrease a obra ou a figura da escritora. Os rapaces e rapazas de 1º de ESO apuntáronse á proposta e fixeron un mannequin libremente baseado no seu célebre poema "Pra a Habana!". O de ficar quietiños, o peor...

... e a nosa alumna de 2º de ESO, Claudia Rivas Seivane, tivo a boa idea de se disfrazar de Rosalía de Castro para o Festival de Entroido do centro, que xusto cadrou en data co 24 de febreiro!