María Pollán, 2º premio do concurso de relatos da Festa da Filloa!

A alumna de 1º de ESO, María Pollán Díaz, obtivo o 2º premio de redacción no concurso que organiza anualmente o Concello de Muimenta co gallo da Festa da Filloa. Temos motivos sobrados para darlle os parabéns a María posto que neste concurso participaron rapaces e rapazas de toda a Terra Chá para contar historias reais ou fantásticas sobre este manxar tan de noso.